O sistema non ten os mesmos intereses que as persoas, e semella que nos falta coraxe para acabar de asumilo.
Imos apuntar unha pequena cronoloxía do que levamos de ano, pero sen afondar moito. Tan só queremos debuzar un panorama xeneral do que vimos de vivir nos últimos meses e expresar a nosa reflexión.

Desde comezos deste 2022 asistimos aos últimos capítulos dunha mala serie na que presenciamos como os nosos dereitos se ían vendo seriamente comprometidos, supostamente por un problema sanitario. Desde xaneiro deste ano, semella que o conto das restriccións e o pase-covid foise diluindo. Pode que quedaran sen argumentos para soster o conto ao prevalecer variantes cada vez máis livianas da enfermidade. Porén, dado o forte que apostaran desde o poder por medidas tan inxustificadas como o pase-covid (supeditado a vacinarse con produtos sen garantías), pensamos que este cambio de rumbo tamén se debeu a que os termómetros de opinión amosaron un importante descontento coas medidas e/ou falta de confianza na vacinación.
No declive do trending topic #covid, o goberno máis progresista da galaxia meteunos a través da OTAN nunha guerra contra o Estado Ruso. Os nosos administradores invertiron en Zelensky e os seus batallóns nazis os nosos impostos, para mobilizar as bolsas e tentar controlar algúns recursos através da industria máis contaminante: a militar. (En EEUU o exército lévase dous terzos do consumo total de petróleo!). Como dicía o teórico militar von Clausewitz, “a guerra é a política por outros medios”… Aclaramos que non consideramos que Putin teña nada de bon, só é outro político militarista e represor (ao que lle están deixando en bandexa que xogue ao Risk cos seus veciños).
Dun xeito bastante paralelo (en realidade mesmo un chisco antes de que se precipitase a guerra de Ucrania) comezan a subir os prezos como a espuma, en particular os da electricidade e da gasolina. Nos medios culpan insistentemente a Putin de todo isto.
Por aí por maio, comezan a dar a brasa coa viruela do mono, unha pretendida nova pandemia… Naquela época era difícil non pensar ao mirar as noticias: “pero que é isto, as 7 pragas?!”… Parece que así como chegou, marchou (cousas da falta de credibilidade).
Máis adiante, durante o verán, asistimos a un importante ascenso das temperaturas e falta de chuvias. Ao mesmo tempo, notifícase un problema de exceso de mortalidade: nos meses de xuño morreron no Estado Español 4.600 persoas pola calor extraordinaria, que se suman ás 6.100 persoas que faleceron por riba do habitual máis a causa da covid… Pero para estes meses o Ministerio de Sanidade notifica outro exceso de 10.000 mortes por outras causas. Este exceso de mortalidade “de causa descoñecida” estase notificando tamén noutros países (Alemania, Inglaterra, Finlandia, EEUU, Australia…).
Aínda que este dato sae de fontes oficiais, o goberno non está investigando a cuestión nin permitindo o acceso ao conxunto total dos datos (ver a nota da Coordenadora Antiprivatización da Sanidade aquí).
Paralelamente, o Ministerio de Sanidade denégalle a publicación dos contratos das vacinas-covid ao propio Tribunal Superior de Xustiza de Baleares, alegando que “son confidenciais”…
… E chegamos a outono e de todo isto… pois non se fala demasiado. Nin, sobre todo, cunha mínima profundidade. Nin sequera en xornais que se consideran de esquerdas ou directamente anticapitalistas. Son cuestións menores? Por que calamos estes temas?
Por varias causas. Un, polo que nos custa a todxs asumir que nos equivocamos. E non esquezamos que a maior parte da sociedade ven de dous anos de intensa obediencia, e que os escasos cuestionamentos fundamentados foron estigmatizados. A isto hai que unir a falta de referencias rigurosas que deixou a férrea censura da “loita contra a desinformación” dursnte a pandemia. Porén, ademáis pensamos que tamén se está evitando abrir unha vía á expresión de dolor (en xeral evitamos falar do que nos faría chorar). Se a pandemia trouxo unha chea de dor e preocupación, a xestión neglixente das administracións, centrada en restriccións, vacinas en fase experimental e certificados dixitais non mellorou a situación.
Preocúpanos que a capacidade crítica de grande parte da poboación está moi tocada.
Por outra banda no noso mundo somos cada vez máis condicionadxs para victimizarnos, e barrer as preocupacións debaixo da alfombra mediante consumismo, autoexplotación, entretemento, psicofármacos e drogas. E ante un trauma colectivo como foi a pandemia e as restriccións, é o que estamos facendo. De feito, calar certas cuestións converteuse mesmo nunha especie de “solidariedade sinistra” para “non alimentar a ansiedade” dxs demáis (a costa de reforzar un oensamento único).
Todo sumado, tendemos a obviar esta xestión neglixente, e de paso toda crítica dos sucesivos texe-manexes do poder.
Entón que? Deixamos que cuestións importantes que afectan ao noso futuro inmediato se convirtan en tabúes para falar só do que non nos implica malestar? Calquera psicólogx honradx diría que precisamos unha catarse…
A realidade é áspera, pero se desistimos da crítica e nos limitamos a mirar para outro lado, máis expostxs nos veremos ante os sucesivos asaltos do poder.
A nosa conclusión particular é que tanto a guerra, como os recortes de dereitos coa excusa do covid, como a iatroxenia (dano producido pola medicina) son medios que o propio Estado-Capital emprega activamente. Con dous obxectivos fundamentais:
– continuar avivando a toda costa unha economía ultra-financiarizada e dependente da especulación, da rapiña e da creación de diñeiro
– mermar o peso da sociedade nos asuntos importantes, para que non moleste
E por qué todo isto? Pois porque vivimos o declive dunha época. E por moi democráticas que se pretendan as nosas sociedades, o poder real está na man dunha minoría de ricos (e cada vez máis concentrado). Esta minoría ten ao Estado da súa man a través do sistema de partidos, e o control da nosa opinión mediante os medios e as redes sociais.
Agora, os que mandan decidiron que se nos acabou a guasa, que xa non chega para repartir. O que está acontecendo é que desde o 2020 a oligarquía está loitando activamente por manter o timón nunha época de severo declive (como recoñeceu recentemente o presidente francés Macron: “Vivimos a época da fin da abundancia”). A clase media europea xa non é sostible, porque estamos ante unha crise multifactorial: financeira, ambiental, e de esgotamento de recursos. E os timoneles van precisar facer profundas reformas para manter os seus privilexios.
Se algo aprendimos neste tempo é que nin políticos nin xornalistas teñen principios. Non vai traballar polxs que van herdar esta terra, se iso pode comprometer os cartiños extra que levan… E tratarán por todos os medios aparentar estar do lado da xustiza e dxs oprimidxs. Isto pode parecer unha obviedade, pero dado o panorama xeral semella que non está tan claro. Parece que basta con identificarse como “de esquerdas” para que un grupo político teña carta branca para dinamizar os “progresos necesarios” da dominación.
Ata ese punto de ignorancia logrou sumirnos o espectáculo dos “novos gobernos progresistas”.
Unha das ideas coas que nos machacaron desde o comezo da pandemia é a de “nova normalidade”. Hoxe, coa vantaxe da distancia, confirmamos que unha volta á normalidade pre-covid é imposible, pero non por un virus. Canto antes nos atrevamos a empezar a velo, e nos poñamos mans a obra a construir fora do cerco, mellor nos irá. Coñecendo, pero coidando de non alarmarnos, porque o noso medo tamén é capitalizable (como obediencia).
Non nos queda outra que continuar desobedecendo e tratando de substraer as nosas necesidades do fluxo de capitais, tratando de albergalas en mil e un espazos de apoio mutuo, alegría, creación e loita, cada un coa sua propia idiosincrasia; e, moi importante, o seu propio territorio.